Galicia Sucesos

59 personas feridas en accidentes de tráfico nunha fin de semana sen mortos nas estradas galegas

Fin de semana sen mortes nas estradas galegas, pero con 60 feridos en accidentes

O persoal do 061 asistiu durante a fin de semana a 59 persoas debido a 46 accidentes de tráfico ocorridos nas
estradas galegas. entre as 3 da tarde do venres, 7 e as 12 menos un minuto da noite deste domingo, 9 de febreiro.

A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en Galicia, recibiu nestes días 61 chamadas en relación cos accidentes de tráfico.

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 68. Así, as ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado atenderon en 7 accidentes, as ambulancias asistenciais de soporte vital básico mobilizáronse en 55 sinistros e os equipos sanitarios de Atención Primaria que medicalizan
as ambulancias asistenciais de soporte vital básico do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en 5 accidentes. As ambulancias convencionais asistiron nunha ocasión.

En 54 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes e en 5 ocasións atendeuse no propio lugar do incidente

También te puede interesar