Galicia Vigo al minuto

O alcalde leva á Xunta ante a xustiza polo pago das garderías ainda que é un acordo aprobado polo PSOE

Caballero asegura que é unha decisión unilateral e dende a Xunta sinalan que é un acordo de 2017 votado polo PSOE

O alcalde  adiantou este mércores que o Concello  iniciará a interposición dun recurso contencioso-administrativo á vista de que, por lei, “a Xunta obriga a Vigo a pagarlle algo máis de 200.000€”  polo réxime de cofinanciamento para as escolas infantís da rúa Palencia e de Valladares, que xestiona o Consorcio Galego de Igualdade e Benestar.

“Por que temos que pagar nós algo que é competencia exclusiva, obrigación e decisión unilateral da Xunta de Galicia?”, preguntouse este mércores Abel Caballero.

Xunto ás nomeadas escolas infantís, a administración galega tamén carga ao Concello outros 350.000€ para cofinanciar os centros de día autonómicos de Teis, Coia e Lavadores, o cal tamén foi recorrido por vía administrativa polo Concello.

En total, subliñou o alcalde, supón un custo para Vigo superior aos 550.000€ anuais ante o cal, Caballero sentenciou que “se acabaron as contemplacións: o matonismo político de Feijóo vai ter resposta nos tribunais”.

Un modelo de financiamento acordado polo PSOE

Dende o Goberno de Galicia lembran que o modelo de cofinanciamento está vixente dende 2017, é de aplicación en todos os concellos que forman parte do Consorcio Galego de Benestar  e foi acordado “por unanimidade” entre todas as forzas polítivas na Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), que preside o alcalde de Vilagarcía, do Partido Socialista. Así mesmo, dende a Xunta subliñan que Vigo forma parte deste Consorcio, de xeito voluntario, dende 2007.

Para o Goberno galego o anuncio do alcalde “non é novidoso pois leva dende 2017 resistíndose a padar a parte que lle corresponde das escolas infantís municipais”. Durante este tempo o Concello de Vigo acumulou unha débeda de 1,3 millóns, polos tres centros de día e as dúas escolas infantis do Consorcio.

También te puede interesar