Galicia Vigo al minuto

@MareaVigo cualifica de “calamitosa e lesiva” a política laboral do Goberno local

Segundo sinala este luns Marea de Vigo, o fallo, coñecido o pasado venres sobre os servizos mínimos decretados polo Concello para a Folga de Bomberiossúmase ás varias sentenzas en contra coas que xa conta o Goberno local, sentenzas de suma importancia en canto á violación de dereitos laborais”.

Rubén Pérez, voceiro do Grupo municipal de Marea de Vigo, subliña que isto é “inconcibible” dun Goberno que di defender os dereitos das e dos traballadores, contando incluso entre elas con cuestións tan graves coma a “represión sindical”, coma o caso do traballador da oficina de inmigración, pola que o Concello foi condenado a pagar unha multa.

Nesta ocasión, subliña o vociero de Marea de Vigo, o xulgado dálle a razón aos demandantes, CIG e CUT, no seu recurso polo “uso abusivo dos servizos mínimos decretados polo Goberno de Abel Caballero” ante unha folga do servizo de bombeiros convocada hai xa varios meses, xa que, tal e como denunciaban as centrais sindicais e o xulgado viu reiterar, “eses servizos significaban o 100% do servizo, eliminando en efecto o propio dereito á folga”.

“Cremos que xa é hora de que o Goberno local mude por completo o xeito de actuar ante o persoal municipal, mesmo os feitos que levaron nesta ocasión á convocatoria da folga, son absolutamente inaceptables. Non se pode ir asinando decretos de xeito unilateral evitando a negociación coa representación dos traballadores e traballadoras, e dende logo que non se pode pasar por enriba da lexislación laboral, como levan facendo nos últimos anos e tal e como a xustiza en moitos casos viu corroborar” conclúe Rubén Pérez.

También te puede interesar