Galicia Vigo al minuto

@MareaVigo cualifica de «calamitosa e lesiva» a política laboral do Goberno local

Segundo sinala este luns Marea de Vigo, o fallo, coñecido o pasado venres sobre os servizos mínimos decretados polo Concello para a Folga de Bomberios«súmase ás varias sentenzas en contra coas que xa conta o Goberno local, sentenzas de suma importancia en canto á violación de dereitos laborais».

Rubén Pérez, voceiro do Grupo municipal de Marea de Vigo, subliña que isto é «inconcibible» dun Goberno que di defender os dereitos das e dos traballadores, contando incluso entre elas con cuestións tan graves coma a «represión sindical», coma o caso do traballador da oficina de inmigración, pola que o Concello foi condenado a pagar unha multa.

Nesta ocasión, subliña o vociero de Marea de Vigo, o xulgado dálle a razón aos demandantes, CIG e CUT, no seu recurso polo «uso abusivo dos servizos mínimos decretados polo Goberno de Abel Caballero» ante unha folga do servizo de bombeiros convocada hai xa varios meses, xa que, tal e como denunciaban as centrais sindicais e o xulgado viu reiterar, «eses servizos significaban o 100% do servizo, eliminando en efecto o propio dereito á folga».

«Cremos que xa é hora de que o Goberno local mude por completo o xeito de actuar ante o persoal municipal, mesmo os feitos que levaron nesta ocasión á convocatoria da folga, son absolutamente inaceptables. Non se pode ir asinando decretos de xeito unilateral evitando a negociación coa representación dos traballadores e traballadoras, e dende logo que non se pode pasar por enriba da lexislación laboral, como levan facendo nos últimos anos e tal e como a xustiza en moitos casos viu corroborar» conclúe Rubén Pérez.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.