Galicia Vigo al minuto

#VigoSenBombeiros @bngvigo critica que a concelleira Espinosa dedicase máis tempo á offshore de Panamá que á folga de Bombeiros

Logo da sentenza xudicial que anula os servizos mínimos  decretados polo Concello na folga de bombeiros, o Bloque Nacionalista Galego reitera a súa  esixencia ao Goberno local para que inicie “de inmediato” un proceso de diálogo para resolver a “falla de medios humanos” que ten ao servizo nunha “situación límite”.

O concelleiro do BNG, Xabier P. Igrexas, subliñou que esta sentenza é o segundo revés xudicial” recibido polo Goberno de Abel Caballero, após de que xa fose declarado ilegal o chamado decreto de permanencia, que forza a realización de horas extraordinarias, asinado polo daquela concelleiro de Seguridade, Carlos López Font. Para Igrexas revirte especial gravidade que na sentenza se recolla que a única motivación dos servizos mínimos do 100% fora, na práctica, “impedir o exercicio dun dereito fundamental como é a folga”.

 Mesa de negociación

Desde o Bloque urxen que se convoque “de inmediato” unha mesa de negociación co Comité de Folga dos bombeiros, na que a través do diálogo se busquen solucións a un conflito que motivou a primeira folga indefinida no corpo na historia da cidade.

O representate municipal do Bloque criticou que a única resposta dada polo Goberno municipal até o momento fose “xordeira e autoritarismo” e denunciou o desleixo da concelleira de Seguridade, Elena Espinosa. “Espinosa fixo máis por tentar explicar a súa ligazón cunha sociedade offshore en Panamá que por resolver o conflito dos bombeiros”, subliño o concelleiro do BNG.

También te puede interesar