Galicia

O paritorio de Verín volve a estar en servizo este luns

O paridoiro de Hospital de Verín, que levaba pechado dende hai preto de dous meses, retoma a súa actividade este mesmo luns, día 3 de febreiro. Hai que lembrar que a principio de decembro a Xunta ordeou o seu peche “por seguridade”.

Sanidade sinalaba que a falla de especialistas non permitía que o paritorio estivese en servizo, mais as constantes manifestacións esixindo a súa apertura fixeron que o Goberno de Galicia acelerase as xestións para contratar a dous pediatras, que se incorporan a este hospital dende mañá.

 

También te puede interesar