Deportes Vigo al minuto

Galicia acada o Campionato de España de Técnica de Taekwondo

Impresionante a actuación da selección galega de técnica no Campionato de España de Taekwondo celebrado en Torrelavega. No mesmo, as e os nosos deportistas acadaron cinco ouros, unha prata e catro bronces e, con eles  o Campionato por Equipos.

Proclamáronse campións de España Francisco Ramos (Natural Sport) e Laura Álvarez (Neka) na categoría cadete, Tomás Fernández (Kiap) en júnior masculino e en sénior 1, títulos para Raquel Guillén (Tao) e Alejandro Losada Rodríguez (Neka).

Ademais, Yaiza Velo (Natural Sada) logrou a medalla de prata en cadete feminino, tendo así a dúas galegas nos dous primeiros postos desta categoría.

Esta magnífica colleita de metais para Galicia completouse con catro bronces. Zaida Velo (Natural Sada) logrou en júnior femenino, mentres que Daniel Areán (Neka) tamén o conseguiu en júnior masculino.  Ademais hai que destacar os bronces de Alejandro Losada García (Tao) en sénior 1 e de Noelia Pérez (Hebe) en sénior 2.

También te puede interesar