Comarcas

@depo_es destinou o ano pasado 465.000€ a axudas de emerxencia dirixidas a concellos

A Deputación de Pontevedra ven de rematar a asignación das Axudas Básicas de Emerxencia (ABE) do pasado ano 2019, coa achega de 107.600€ ao último grupo de doce concellos da provincia, como informou a súa presidenta.

Carmela Silva sinalou este venres que, en total, o pasado ano o Goberno provincial destinou 465.000€ a estas axudas, dirixidas aos 52 concellos de menos de 20.000 habitantes a fin de que poidan atender as demandas de urxente e puntual necesidade da veciñanza que se atope en situación ou risco de exclusión social.

Máis polo miúdo, inclúense neste grupo de concellos os de Arbo, Meaño, Mondariz-Balneario, Pazos de Borbén, Pontecesures, Ribadumia, Sanxenxo, Silleda, Tomiño, Tui, Valga e Vila de Cruces. Como explicou Silva, as axudas van destinadas a «alimentación, uso da vivenda, pagamento de recibos, pago de produtos de hixiene e limpeza, pagamento de produtos farmacéuticos, electrodomésticos básicos, desprazamentos, pago de lentes e audífonos ou de tratamentos de odontoloxía, produtos de apoio e axudas de apoio á infancia».  «Estas son as axudas _subliñou_ que permiten ás persoas que están a atravesar dificultades ter os dereitos básicos que todas as persoas teñen que ter. E é a Deputación de Pontevedra quen o garante».

Carmela Silva lembrou que no ano 2018 estas axudas deron cobertura á máis de 1.851 familias da provincia, das que 1.408 tiñan menores ao seu cargo e 1.036 tiñan a ambos proxenitores en situación de desemprego. «Este é un servizo básico do que esta Deputación se sente orgullosa», destacou, tras citar tamén que 336 das beneficiarias eran familias monoparentais; 388 eran usuarias do Servizo de Educación e Apoio Familiar e 53 usuarias do Servizo de Axuda no Fogar.

A presidenta indicou así mesmo que 68 persoas eran vítimas de violencia de xénero, 324  tiñan diversidade funcional ou grao de dependencia recoñecido, e 272 eran persoas maiores. Por outra banda, 188 eran persoas con alcoholismo e ou drogodependencia.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.