'Qué te cuentas?' Ciencia y Tecnología

@bngvigo denuncia ‘perforacións’ en fachadas catalogadas de Elduayen e o Goberno local o nega

O Bloque Nacionalista Galego denunciou que este xoves pasado «operarios da empresa Civis Global realizaron perforacións nas fachadas de varios edificios da rúa Elduayen, sen teren informado á veciñanza e sen contar con autorización».
Dende o Bloque subliñan que varios destes inmóbeis son edificios catalogados e gozan de especial protección polo que sería preceptivo o permiso de Patrimonio.

As perforacións fixéronse nos edificios dos números 10, 12, 22 e 32 da rúa Elduayen «que están catalogados como Bens de Interese Cultural (BIC) e gozan, polo tanto, de especial protección» e estas actuacións terían sido recollidas en diferentes atestados policiais, por requirimento das titulares das vivendas afectadas.

O concelleiro do BNG, Xabier P. Igrexas, cualificou de «intolerábel» este feito, que se inscribe nos traballos para a tunelación de Elduayen dentro do proxecto de peonalización da Porta do Sol. «Están a perforar fachadas protexidas e nin tan sequera falaron coas propietarias e propietarios. A xente enterouse polo ruído dos taladros«, denunciou.

O Goberno local asegura que os buracos xa estaban

Onte pola tarde, nunha nota, o Goberno local desmentiu estes feitos subliñando que «en ningún caso se realizou perforación algunha en fachadas».

Na mesma nota asegura que o Concello está colocando actualmente –«aproveitando perforacións xa existentes nas fachadas»– ‘prismas de auscultación e puntos de nivelación’, é dicir, «sistemas de vixilancia e seguridade que xa figuran como requisito no propio proxecto para o control das edificacións».

Dende o Goberno municipal afirman que nesta fase utilizaranse para controlar que os procesos de construción e a súa interacción coa contorna están dentro do escenario contemplado no proxecto. e conclúe que «nas edificacións que se negou a colocación dos elementos en fachada expresamente, non se instalaron e en breve solicitarase formalmente».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.