RGPD - Cookies
Galicia

Os exames do Sergas para 277 prazas de Enfermaría, Fisioterapia e Persoal de servizos, os días 8 e 9 de febreiro

Así o publica o Diario Oficial de Galicia (DOG) deste xoves no que se convocan os examen da Oferta Pública de Emprego (OPE) do Servizo Galego de Saúde (Sergas) para cubrir 277 prazas de varias categorías de Enfermaría especialista, Fisioterapia e persoal de servizos xerais.

En concreto as probas de acceso son para 126 prazas de persoal de servizos xerais, 30 da categoría de Enfermaría Familiar e Comunitaria, 18 de Enfermaría Pediátrica, 2 de Enfermaría do Traballo, 30 de Enfermaría especialista  en saúde mental e 71 de Fisioterapia.

En total, foron admitidas para realizar os exames 9.276 persoas das cales 7.530 corresponden á categoría de persoal de servizos xerais; 191, á de Enfermaría Familiar e Comunitaria; 187, á de Enfermaría Pediátrica; 54, a Enfermaría do Traballo; 133, a Enfermaría especialista en saúde mental; e 1.181, a fisioterapeuta.

O sábado 8 de febreiro, pola tarde, examinaranse os aspirantes das categorías de persoal de servizos xerais, Enfermaría Pediátrica e Enfermaría Familiar e Comunitaria e  o domingo, día 9, pola mañá, os de Enfermaría do traballo, Enfermaría de saúde mental e fisioterapeuta.

También te puede interesar