Deportes Vigo al minuto

@bngvigo denuncia o “total abandono” das pistas de atletismo de Balaídos

A retirada da xaula de lanzamento após varias semanas inutilizada é para o BNG o “último exemplo do total abandono que padecen as pistas de atletismo de Balados”, segundo apuntou esta mañá o seu concelleiro. 

Xabier P. Igrexas sinalou este martes que en maio xa sinalara que era necesaria unha nova xaula, “sen que o Goberno municipal atendese a petición dos seus usuarios e usuarias”. O Bloque reclama que tanto Xunta como Concello “abandonen a lea permanente” e comecen a cooperar para facer realidade a prometida reforma integral das pistas.

https://twitter.com/David_Gatsu/status/1206933799474515968

 Nese sentido, denunciou que o estado “lamentábel” das instalacións engádese a necesidade dunha mellora urxente das súas dotacións e lembra que “Vigo ten formado atletas de talla olímpica e non podemos seguir cunhas instalacións tan deficientes”.

“Hai dez anos que Xunta e Concello formalizaron o seu acordo para dotar a Vigo dunhas novas pistas, en 2014 subscribiuse un novo convenio, pero todo ficou en papel mollado. Non podemos seguir así, cos nosos e as nosas deportistas tendo que adestrar en pésimas condicións ou facelo fóra de Vigo“, advertiu Igrexas.

También te puede interesar