RGPD - Cookies
Galicia

Feijóo di que o paritorio de Verín abrirá nunhas semanas e o PP vota en contra da súa reapertura

Tal cual. O presidente do Goberno de Galicia aseguraba, este xoves, en resposta ás preguntas dos xornalista que era optimista sobre a apertura do paritorio de Verín. Mesmo engadiu «creo que imos ter pediatra ou pediatras nas próximas semanas».

Á mesma hora, na Comisión de Sanidade do Parlamento de Galicia o Partido Popular votaba en contra dunha proposta do BNG-apoiada por toda a aposición- na que se instaba ao Goberno presidido por Feijóo a que cambiase a súa decisión de suprimir este servizo.

 

También te puede interesar