Galicia Sucesos

O alcalde de Cerceda dimite logo de ser condenado por prevaricación administrativa

O alcalde do Concello de Cerceda, o socialista José García Liñares, vén de anunciar que dimite do seu cargo- no que leva máis de 25 anos- logo de que fose confirmada  pola xustiza a súa  inhabilitación durante 8 anos como autor dun delito de prevaricación administrativa.

A inhabilitación foi ratificada pola Audiencia Provincial de A Coruña quen entendeu que o ata hoxe alcalde cometeu “irregularidades” na adxudicación e contratación, en 2015, das obras dos lagos do parque botánico de O Acevedo.

También te puede interesar