RGPD - Cookies
Galicia Sucesos

Tres mortos e 59 feridos en accidentes de tráfico a pasada fin de semana en Galicia

O persoal do 061 asistiu durante a fin de semana 62 persoas debido a 47 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas entre as 3 da tarde do venres 10 e este domingo pasado, 12 de xaneiro.

A Central de Coordinación do 061 recibiu nestes días 60 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon foron 59. Así, as ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado atenderon en tres accidentes, as ambulancias asistenciais de soporte vital básico mobilizáronse en 50 sinistros e os equipos sanitarios de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais de soporte vital básico do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en cinco accidentes. As ambulancias convencionais asistiron nun sinistro de circulación.

En 47 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes, en 12 ocasións atendeuse no propio lugar do incidente e 3 persoas faleceron non lugar do sinistro.

También te puede interesar