Vigo al minuto

@obloque sinala que a rebaixa nas peaxes ou a eliminación da de Rande dependen de que haxa orzamentos

O deputado do BNG Néstor Rego insiste en que o acordo co PSOE foi para a investidura, non para toda a lexislatura

Todos os acordos acadados entre o BNG e o PSOE para apoiar a investidura de Pedro Sánchez dependen para o seu cumprimento da aprobación duns novos orzamentos xerais do Estado.

O deputado do Bloque no Congreso, Néstor Rego, recoñeceu que non será posible a rebaixa do 100% na peaxe da AP-9 para os condutores que vaia e volvan pola autoestrada no mesmo día, a eliminación da peaxe de Rande, a solución da crise do Naval, ou a mellora da rede ferroviaria, se non hai orzamentos para este ano.

O acordo actual co PSOE é de investidura, non de lexislatura

Do mesmo xeito, Rego lembrou que o acordo pechado cos socialistas-que abrangue outros temas coma o tratamento medioambiental das rías, a derogación da LOMCE, a Lei Mordaza ou a Reforma Laboral do PP; as medidas en dependencia e mellora dos servizos públicos- “é un acordo de investidura, non de lexislatura” e que o Goberno terá que negociar o voto favorable do BNG ao proxecto de orzamentos.

Medidas de calado para Galicia e para Vigo

O deputado nacionalista reivindicou a importancia de todas as medias acordadas “para o conxunto de Galicia e para Vigo”, e estivo dacordo co concelleiro edo Bloque na cidade, Xabier P. Igrexas, en que o BNG logrou desatoar asuntos clave  “algo que o Partido Popular non fixo en dez anos”, como a dinámica de subas da autoestrada; o proxecto de mellora da rede ferroviaria, a conexión do Eixo Atlántico e a saída cara a Portugal ou afrontar os “gravísimos problemas” de Vulcano e Barreras.

Neste sentido, Néstor Rego insistiu en que estará “vixiante e seremos moi insistentes, estando pendentes día a día” do cumprimento dos acordos e dos prazos” e, neste senso, lembrou que antes de dúas semanas haberá xa unha primeira xuntanza PSOE-BNG dentro da comisión de seguimento.

Ter unha ministra galega de Traballo “non garantiza nada”

En resposta á pregunta de vigoalminuto sobre si o nomeamento da galega Yolanda Díaz coma ministra de Traballo facilitaría a Galicia na toma de decisións coma a derogación da reforma laboral ou a solución da crise industrial, Rego sinalou que “xa tivemos antes ministros galegos en outros ministerios coma en Fomento [en referencia á popular Ana Pastor e ao socialista José Blanco] e non saímos moi ben parados, por iso ter unha ministra galega non é garantía de nada”.

 

 

También te puede interesar