Vigo al minuto

@MareaVigo cualifica de «ridículas» as axudas do Concello para desafiuzamentos e emerxencias sociais

Asegura que en 2018 foron de 80.000€ e o pasado 2019 baixaron a 560.000€, cun número semellante de solicitantes

Marea de Vigo non entende o «triunfalismo do alcalde e da concelleira de Servizos Sociais» no anuncio das bases dos novos importes e bases das Axudas do Programa de Desafiuzamentos e de Emerxencia Social para 2020, entre outras cousas porque «o propio expediente recoñece que cada vez o acceso de persoas a estas axudas ten máis trabas e limitacións».

O voceiro do grupo muncipal de Marea, asegura que proba disto é que« mentras en 2018 se entregaran axudas por valor de 801.379 € no 2019 estas axudas baixaron a 560.707 cun número semellante de solicitudes, o que amosa que os criterios económicos de acceso deben mudarse».

Marea de Vigo lembra ademais que, unha partida de apenas 50.000 euros ao ano para cubrir obras e reparacións nos fogares e para a mellora da accesibilidade arquitectónica, agora neste ano 2020 adicarase tamén para obras de eficiencia enerxética e aillamento térmico de vivendas, incremento de tipos de axuda que non supón incremento de partida, que seguirá sendo de 50.000 euros. «Estamos falando de obras de mellora moito máis costosas e que obviamente non quedan cubertas co mesmo importe que o consignado en 2019».

A xuízo de Marea de Vigo aínda se está a tempo de modificar o orzamento de 2020, «tal e como demandou o noso grupo municipal e incrementar sensiblemente estas partidas orzamentarias que ano tras ano quedan cos mesmos importes». En concreto a súa proposta é aumentar as mesmas en 500.000€, no caso da axudas de emerxencia contra desafiuzamentos e en 800.000 as de alugueiro, alimentos e recibos de consumo enerxético.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.