Comarcas

@depo_es, achegou mediante o Plan Concellos, 85,6 millóns ás vilas da provincia de menos de 10.000 habitantes

O Plan Concellos da Deputación financiou durante as anualidades de 2018 e 2019 un total de 748 obras na provincia de Pontevedra, fixo posible a realización de 461 actividades socioculturais nos concellos, ademais do pronto pago a provedores e, finalmente, significou a contratación de 2.007 persoas desempregadas para a xestión de servizos municipais.
Os datos foron proporcionados polo deputado de Economía e Facenda, Carlos López Font, quen subliñou que o 90% da obra pública que se executou nos concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia neste período foi financiada pola Deputación principalmente a través do Plan Concellos e, en menor medida, polos plans extraordinarios de reequilibrio para compensar a situación dos que non tiñan recibido investimento provincial algún ata o ano 2015.

O deputado subliñou que o balanzo dos Plans Concellos 2018 e 2019 debe ser global porque as dúas anualidades foron convocadas conxuntamente de xeito excepcional pola Deputación para atender aos efectos provocados pola vaga de lumes producida no outono de 2017, unha situación de emerxencia que provocou numerosos danos e prexuízos en gran parte do territorio provincial. Deste xeito, a convocatoria estivo dotada cun total de 85,6 millóns de euros (42,2 millóns correspondentes a 2018 e 43,4 millóns a 2019).

Segundo Font, dacorso cos datos oficiais do Ministerio de Hacienda, un 30% dos recursos totais provinciais acaban nas arcas municipais, moi por enriba da media estatal de transferencias, que está nun 17 % e moito máis por enriba aínda da porcentaxe que transfire a Deputación de Ourense, que queda nun 0,06%.
O deputado recalcou que o Plan Concellos é especialmente sensible cos concellos máis pequenos e rurais porque reparte os seus fondos en base á poboación, extensión e dispersión territorial. Así explicou que dos 85,60 millóns de euros totais das dúas anualidades, 38,05 millóns de euros foron para os municipios de menos de 10.000 habitantes, que son os que máis recibiron. Os de entre 10.000 e 20.000 habitantes recibiron 29,4 millóns e, finalmente, entre os máis grandes, con máis de 20.000 habitantes  repartíronse 18,15 millóns de euros. “Queda claro que o PP minte  cando di que se inviste menos nos concellos mais pequenos, porque é todo o contrario”.

También te puede interesar