Comarcas

@AsNevesConcello aumenta a en máis de 120.000€ a partida adicada a Benestar

As Neves terá en 2020 un “orzamento municipal de consenso e cun claro carácter social”, segundo salientan o alcalde Xosé Manuel Rodríguez Méndez (BNG), e o primeiro tenente de alcalde, Marcelino Couto (PSdG-PSOE).

En total o Goberno local xestionará o vindeiro ano 2.501.625 €– a falla de engadir as cantidades que se perciban doutras administracións que, neste 2019, fixeron posible que esa cantidade fose case de 5 millóns a través de distintos proxectos-.

Benestar e Servizos Públicos

Un dos eixos fundamentais destes orzamentos será a cantidade destinada a Benestar Social, que aumenta en 121.625 € en relación con este 2019; outro é a aposta polos servizos públicos, que abrangue medidas tan importantes coma a actualización da Relación de Postos de Traballo (RPT), “acordada entre todas as partes”; o aumento do investimento no Servizo de Axuda no Fogar ou a creación dunha bolsa de 20.000€ destinados a subvencións para as Comunidades de Augas.

Neste mesmo senso, o Goberno local facilitará a mellora do saneamento agrantindo este servizo a todas as vivendas, ben polo ‘enganche’ á rede pública municipal ou ben pola subvención para a limpeza de fosas sépticas. Ao mesmo tempo, o servizo estará xestinado de xeito máis eficiente e con fondos propios, o cal permitirá destinar a outros fins cartos doutras partidas que ata agora había que investir de xeito extraordinario.

Medio Ambiente

O goberno de coalición de As Neves da prioridade ao coidado e proteción do medio ambiente e, neste eido, hai que subliñar as achegas a proxectos de mellora de eficiencia enerxética-grazas á reducción do consumo eléctrico no alumeado, coa colación de luces LED- e o impulso, un ano máis, do Plan Revitaliza, que este eno permitiu reducir nun 11% os envíos a SOGAMA.

También te puede interesar