Destacados Vigo al minuto

Inaugurada a humanización da rúa Mantelas

O alcalde inaugurou este xoves a humanización da rúa Mantelas logo dunhas obras que actuaron ao longo de 300 metros renovando as tubaxes de abastecemento -400 metros-, de saneamento -300 metros-, augas pluviais -277 metros- e fecais para dotar de “modernidade” a esta rúa.

Abel Caballero explicou que se renovou toda a rede de telecomunicacións, co canleado baixo terra, malia que a compañía eléctrica aínda non fixo uso dela polo que a emprazou a “acelerar e sacar os cables aéreos das rúas poñéndoos nas canalizacións baixo terra que están á súa disposición de balde, non toleraremos que, por desidia dunha compañía, haxa aínda cables ao aire”.

Amais, a rúa Mantelas dispón de 15 novos faros de alumeado público, de baixo consumo, bancos e nova sinalización vertical e horizontal.

También te puede interesar