Galicia Sucesos

Dous mortos e 82 feridos a pasada fin de semana nas estradas de Galicia

O persoal do 061 asistiu durante a fin de semana 84 persoas debido a 65 accidentes de tráfico ocorridos nas
estradas galegas dende as 3 da tarde do venres 20 ata as 12 menos un minuto da noite deste domingo pasado, 22 de decembro.

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 88. Así, as ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado atenderon en nove accidentes, as ambulancias asistenciais de soporte vital básico mobilizáronse en 66 sinistros e os equipos sanitarios de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais de soporte vital básico do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en 10 accidentes. As ambulancias convencionais asistiron en tres sinistros de circulación.

En 67 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes, en 15 ocasións atendeuse no propio lugar do incidente e dúas persoas faleceron non lugar do sinistro

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.