Vigo al minuto

Especialistas da Sanidade Pública de Vigo fan posible que cada ano 12 nenas e nenos podan oír

O servizo de Otorrinolaringoloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (CHUVI) realiza ao redor de 12 implantes  cocleares ao ano, sobre todo en nenos e nenas con problemas de audición ao padecer hipoacusias  neurosensoriais severas e profundas.

Máster de Lingüística aplicada en Vigo

Especialistas do  CHUVI, pertencentes á Unidade multidisciplinar que se dedica a este tipo de implantes, participaron nunha xornada de debate durante o Master Interuniversitario de Lingüística Aplicada que organizou a Facultade de Filoloxía da Universidade de Vigo sobre Hipoacusia e Implante coclear e as posibilidades deste tipo de tratamentos en menores xordos.

Unha das relatoras foi a doutora Ana Isabel Lorenzo, especialista en Otorrinolaringoloxía e cirurxía de cabeza e pescozo, que falou dos protocolos e os procedementos que se seguen para este tipo de implantes, deixando claro que só é viable para pacientes cunha determinada patoloxía auditiva.

Implante coclear

Na súa intervención, a doutora Lorenzo explicou que se trata dun dispositivo electrónico, que se acopla mediante unha cirurxía, e que permite transmitir á cóclea os sons convertidos polo dispositivo en estímulos eléctricos e desencadear así unha sensación sonora. Non obstante a especialista do servizo de Otorrilaringoloxía, que dirixe o doutor Carmelo Santidrián, remarcou que esta é unha alternativa que non se pode aplicar en todos os casos de perda de audición, senón «unicamente nas hipoacusias neurosensoriais severas e profundas, aquelas que afectan á cóclea, pero nas que o nervio auditivo non sufre afeccións», dixo.

Unidade integrada por otorrinos, audiólogos e logopedas

A Unidade na que se realiza estes implantes no  CHUVI é multidisciplinar. Está integrada por otorrinolanigólogos, audiólogos e logopedas. Estes últimos teñen unha gran importancia no éxito do procedemento, xa que unha vez terminada a cirurxía é fundamental a rehabilitación do paciente para que asimile as sensacións sonoras que recibe polo dispositivo, que son distintas ao que escoitarían as persoas que non teñen esas dificultades para oír.

Diagnóstico precoz e cribado neonatal

O Implante coclear se realiza en tres centros hospitalarios galegos. Un deles é o Álvaro Cunqueiro, que é referencia para o sur de Galicia neste tipo de patoloxías. É unha intervención que indicada tanto para adultos como para menores. A doutora Lorenzo puxo de relevo a importancia do diagnóstico precoz e do programa de cribado neonatal.

Existe unha diferencia entre as persoas que perden a audición despois da adquisición da linguaxe e os nenos e nenas que a perden antes. Para este último caso é imprescindible realizar o implante antes dos 6 anos, que é cando remata o período de maduración da área cerebral que se encarga da adquisición da linguaxe. Se esa parte do cerebro non recibe estímulos durante esa etapa, o paciente non vai poder desenvolver nunca a linguaxe oral, terminando por converterse en xordo-mudo.

No caso dos menores que perden a audición, pero teñen recibido estímulos na vía auditiva, aínda que fose durante un tempo, a doutora Lorenzo subliñou que «van poder adquirira a linguaxe, pero cómpre seguir estimulando a codia cerebral e realizar o implante», aínda que sen un límite de tempo crítico.

Se a audición se perde despois dos 5-6 anos, cando xa se adquiriu completamente a linguaxe, o implante pode facerse en calquera momento da vida.

Na súa intervención, Lorenzo tamén se referiu ao impacto que a perda da audición ten nas persoas xordas, con grandes dificultades para comunicarse coa contorna falante, illamento e problemas laborais que se reflicten nun maior índice de desemprego. «A lingua de signos axuda, pero reduce a interacción a un ámbito próximo de persoas que coñezan este idioma». Por iso, puxo en valor as posibilidades que ofrece o implante coclear, xa que «varios estudos teñen demostrado que un implante temperá consegue resultados audiolóxicos e no desenvolvemento da linguaxe similares aos da poboación ointe».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.