Galicia Vigo al minuto

@bngvigo denuncia que en dez anos 216.000 galegos, 50.000 deles menores de 30 anos, tiveron que emigrar de Galicia

É por iso que o Bloque Nacionalista Galego presentará no Pleno do Concello unha moción esixindo ao Goberno de Galicia “políticas que favoreza o emprego digno e con dereitos para permitir o retorno da poboación emigrada”. Así o explicou o seu concelleiro, Xabier P. Igrexas, sinalando que o texto foi proposto pola Plataforma Social Vía Galega.

O conceleliro do Bloque lembrou que dende 2009 “máis de 216.000 galegas e galegos, dos que 80.000 eran mozas e mozos menores de 30 anos, tiveron que abandonar o País pola falla de oportunidades laborais”. Neste sentido, Igrexas resumiu o obxecto da iniciativa en demandar “o dereito a termos un traballo digno na propia terra que lle permita ás galegas e galegos desenvolver o seu proxecto de vida”.

Para a formación nacionalista a magnitude da vaga migratoria que supón a “expulsión na práctica de millares de galegas e galegos cada ano” constitúe unha verdadeira “emerxencia nacional e social”. Emporiso instan o Goberno Feijóo a deixar de darlle ás costas a esta grave problema e a despregar políticas que aposten “no emprego digno e con dereitos” así como medidas concretas para facilitar o regreso das persoas emigradas.

Con ese obxectivo demandan tamén a creación dunha ponencia no Parlamento par abordar especificamente esta situación, cun calendario de traballo claro e con “conclusión vinculantes que se traduzan en medidas políticas”.

Con esta proposta o BNG quere confrontar o relato “cínico e case caricaturesco” que utiliza a Xunta para negar o problema da emigración reducíndoa á “mobilidade laboral ou a unha aventura para a mocidade” agochando o “drama real” que provoca.

También te puede interesar