Cultura Destacados

Empeza en Vigo Ofeitoaman

A feira de artesanía OFEITOAMAN, que se ven celebrando en Vigo dende 1985, celebra a súa edición número 35 no exterior do Centro Comercial A Laxe, dende este mércores, día  18 de decembro, e ata o 5 de xaneiro.

Este ano, a feira contará ca participación de 21 expositores, entre os que se encontra o recente Premio Nacional de Artesanía, Elena Ferro. Tamén acude por primeira vez o obradoiro de ourivería “Ivindi” de Tomiño e se incorpora despois de varios anos sin participar o obradoiro de cartón pedra “Charamusca” de Carnota.

Os demáis expositores son habituais participantes na feira, e presentan obras de autoría propia en ourivería, xoiería, tecidos, madeira torneada e tallada, marroquinería, zapatería, cerámica, vidro, bixutería ou metais.

Todos/as os expositores/as son obradoiros rexistrados no Rexistro Xeral da Artesanía de Galicia e empregan a Marca oficial da Artesanía de Galicia, excepto o obradoiro Artesave que chega invitado de Portugal.

Ofeitoaman está organizada pola Asociación Galega de Artesáns (AGA), que ven traballando na promoción da artesanía en Galicia dende 1983. O seu horario será de 11 a 14 e de 16:30 a 21, excepto os días 24 e 31 que pechará
pola tarde ás 18:30. Os días 25 de decembro e 1 de xaneiro, permanecerá pechada.

También te puede interesar