Galicia Vigo al minuto

@bngvigo pregunta ao Goberno de @abelcaballero cando vai a reabrir o Centro de Artesanía Tradicional pechado hai un ano

O BNG interpelou este luns, durante a Comisión de Cultura, o Goberno municipal a respeito da reapertura do Centro de Artesanía Tradicional (CAT). O concelleiro do Bloque, Xabier P.Igrexas, quixo “cando ten previsto volver abrir o CAT, fechado desde o pasado mes de xaneiro”, hai xa preto dun ano.

O concelleiro demandou, ademáis, que se aclare en que lugar e con que programación, após se coñecer que a Xunta de Goberno Local decidiu destinar o edificio que sediaba até o momento o centro a outros usos, concretamente da Concellaría de Benestar Social.

O portavoz municipal do Bloque salientou que o CAT era “unha aposta clara da cidade para poñer en valor o acervo etnográfico e a forza da nosa tradición e artesanía” que para alén da súa función expositiva desenvolvía un importante papel na difusión e dinamización.

Para Igrexas a situación do CAT e parte da “desertización cultural” que practica o goberno de Abel Caballero e que está marcada, segundo denunciou, polo “nulo respeito cara todo o que teña a ver coa cultura galega”. “En lugar de baixar a persiana dun espazo como o CAT o que tiña que facer a concellaría de Cultura era redobrar esforzos e facer unha aposta decidida pola política cultural”, esixiu.

Igrexas ligou a situación do CAT coa renuncia a poñer en marcha o Centro Galego de Fotografía, destinando o seu edificio a ser sede administrativa da Deputación provincial, como exemplos da “desertización cultural” que atravesa a principal urbe galega.

También te puede interesar