'Qué te cuentas?' Vigo al minuto

@bngvigo pide a Corina Porro que deixe de xogar a ‘minialcaldesa’ e acabe co abandono da Xunta coa cidade

O BNG non asistirá ao acto de inauguración do denominado “Nadal Solidario” que organiza a Xunta en Vigo, previsto para o próximo luns.

O concelleiro do Bloque Xabier P.Igrexas agradece á Delegación Territorial a invitación, celebra o feito de que «rectifique o hábito de só estender estes convites ao grupo municipal do PP» e subliña o seu recoñecemento ao “traballo e contributo” das organizacións sociais que van participar na programación, pero non irá argumentando que o papel da Xunta na cidade non pode ser o de “competir ou solapar” con actividades que son de “evidente carácter local”.

Para o representante do BNG no Concello «o que precisamos e merecemos as viguesas e os vigueses é que o Goberno galego exerza as súas competencias para atender as necesidades da principal cidade de Galicia, non unha competición absurda dentro da confrontación partidista entre Xunta e Concello”.

21 demandas á delegada da Xunta

Igrexas reiterou as 21 demandas que lle fixera chegar a Corina Porro, no momento da súa designación, ás que engade as preto de 30 emendas que o Bloque formulou ao proxecto de orzamentos da Xunta para 2020 e nas que demandaban un aumento de  56 millóns e medio do investimento autonómico na cidade.

“O que ten que facer Corina Porro é deixar se xogar a ser unha especie de ‘minialcaldesa’ e exercer como Delegada para que remate o abandono da Xunta do PP contra Vigo”, reclama o concelleiro do BNG.

Infraestruturas, sanidade, educación e servizos

Entre esas demandas, reitera o representante do Bloque están: dotar o barrio de Navia dun instituto; acabar cos recortes no ensino público que se traduce en menos medios en beneficio da privada-concertada; reverter os recortes sanitarios atendendo as reivindicacións da Atención Primaria, do PAC e poñendo fin ao modelo privatizador do Hospital Álvaro Cunqueiro; acometer o tunel de Xulián Estevez, ou completar a rexeneración integral da Ría.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.