Galicia Vigo al minuto

Vigo lidera a volta a casa de milleiros de emigrantes galegos

O secretario xeral de Emigración salientou este mércores en Vigo, durante a visita á nova sede da Oficina Integral de Asesoramento e Seguimento ao Retorno-que está na delegación da Xunta na cidade- a importancia que está a adquirir o retorno de emigrantes galegos na provincia de Pontevedra, que rexistrou no 2018 –último dato completo- a mellor cifra da década, con case 2.100 retornados, dos que arredor do 30% corresponden á comarca viguesa.

“Vigo e a súa área están a capitanear esta volta a casa de miles de galegos”, expuxo o secretario xeral, quen destacou que, nos últimos 10 años, á provincia ten rexistrado máis de 12.000 galegos retornados, sinalou  Antonio Rodríguez Mirada, quen estivo acompañado pola delegada da Xunta en Vigo, Corina Porro.

Miranda lembrou que 2018 foi o “quinto ano consecutivo de crecemento do retorno”, con máis de 7.000 galegos que volveron á súa terra, o que sitúa o total da lexislatura por riba dos 18.200 retornados.

También te puede interesar