Vigo al minuto

@bngvigo proponlle ao alcalde que pase unha noite durmindo na rúa

O seu concelleiro cualifica a Abel Caballero de “sociópata” e di que ten un discurso de “odio ás persoas pobres”

O Bloque Nacionalista Galego criticou este mércores, con dureza, as declaracións realizadas polo alcalde nas que se reiteraba en afirmar que na cidade “as persoas que dormen na rúa fano porque queren”, asegurando que hai días nos que fican camas libres no albergue municipal. “Só un sociópata ou cínico de record Guiness pode afirmar iso. É absoluta e rotundamente falso”, retrucou o concelleiro do Bloque, Xabier P. Igrexas.

Os datos do Concello desminten a Caballero

Igrexas botou man de datos oficiais do propio Concello de Vigo para refutar a afirmación do rexedor. No concreto, lembrou que no informe do albergue municipal do primeiro semestre de 2019 recóllese que durmiron nas súas instalacións 342 persoas diferentes. “342 persoas sen teito para un albergue que conta con apenas 38 camas. Esa é a realidade social”, subliñou. Desde a fronte nacionalista lembran a insuficiencia do servizo que presta o albergue e as deficiencias que teñen sido reiteradamente denunciadas no seu funcionamento. “O que podía explicar Abel Caballero é que no albergue municipal só se pode durmir un máximo de 10 días cada mes”, apuntan.

El alcalde culpabiliza a las personas que tienen que dormir al raso

Para o portavoz municipal nacionalista é inaceptábel negar a emerxencia social da cidade e inda máis “pretender culpabilizar as persoas excluídas da súa situación xa que a causa real é a falla de alternativas por parte das administracións. A este respeito propúxolle ao alcalde “pasar unha noite á fresca, durmindo por exemplo na acampada que ten diante do Concello para ver a realidade e deixar de dicir parvadas ofensivas”.

Igrexas lamentou que o Goberno municipal incorra nun discurso “aporofóbico, de odio ás persoas pobres, e antisocial”, que considera “máis propio de alcaldes fachas que de gobernos que se reivindican progresistas”.

También te puede interesar