Galicia Vigo al minuto

Eliminado un punto de vertido de augas fecais á Ría de Vigo, no concello de Soutomaior

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, vén de eliminar un punto de vertido de augas residuais á ría de Vigo, procedente dunha filtración existente na rede municipal de saneamento do concello de Soutomaior, no entorno do lugar da Devesa.

As emisións contaminantes foron verificadas polos técnicos do Plan de Control de Vertidos do organismo hidráulico da Xunta no transcurso das inspeccións levadas a cabo no citado entorno, tras unha denuncia recibida en Augas de Galicia.

No transcurso da inspección realizada polos efectivos do Plan de control e da Gardería Fluvial de Augas de Galicia se puido constatar e existencia de vertidos reiterados como consecuencia do deficiente funcionamento dunha estación de bombeo de augas residuais existente na zona.

Augas de Galicia procedeu á notificar á Administración local a situación, requiríndoselle a adopción das medidas oportunas para a subsanación do punto de vertido. Dende o Concello de Soutomaior, a través da empresa  concesionaria do servizo de mantemento da rede de saneamento, leváronse a cabo melloras técnicas no bombeo citado, destinadas a minimizar a saturación da rede e os consecuentes episodios de vertido derivados de dita situación.

También te puede interesar