Destacados Vigo al minuto

O doutor Ramón Tubío, do Complexo Hospitalario de Vigo, distinguido coma un dos mellores pneumólogo de Europa

O doutor Ramón Tubío,  pneumólogo do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (CHUVI) ,resultou gañador da recente competición organizada pola Sociedade Europea de Pneumoloxía e coñecida como “ERS Championship in  Respiratory  Medicine”.

A competición celebrouse recentemente en Madrid, onde levouse a cabo o congreso europeo de Pneumoloxía este ano. Ramón Tubío formou parte do equipo representativo de España, xunto a outros dous pneumólogos, Pilar Ortega, que traballa en Manchester, e Daniel López, do Hospital Gregorio  Marañón de Madrid.

No transcurso do campionato o equipo español bateu aos representantes de Reino Unido, Rusia e Italia.
O doutor Tubío destacou que “fomos seleccionados pola Sociedade Española de Pneumoloxía para a competición e saíunos moi ben, conseguimos 110 puntos, máis que os outros tres rivais”.

Para o pneumólogo do CHUVIesta vitoria é un exemplo máis do nivel que ten o servizo de Pneumoloxía de Vigo en España e tamén no ámbito europeo; de feito o gañar este concurso nun congreso europeo, que é case máis importante que o mundial, supón un recoñecemento ao ben que se fan as cousas no noso servizo, que está ao primeiro nivel”.
Unha competición con experiencia

A “ERS  Championship in Respiratory  Medicine” celébrase desde fai uns 14 anos e está orientada a pneumólogos que teñen menos de 40 anos de idade. Esta edición é a segunda na que participa España.  A Sociedade Europea de Pneumoloxía ( ERS) designa cada ano a catro equipos doutros tantos países en orde rotatorio, que son os que compiten.

A competición consiste en contestar a 20 preguntas relacionadas coa pneumoloxía e cualificadas con entre 5 e 50 puntos en función da dificultade que entraña cada unha das cuestións.

Sexta acreditación europea
No mesmo congreso realizáronse as probas para a obtención da acreditación europea en sistemas respiratorios, conocido como o exame Hermes (Harmonised  Education  in  Respiratory  Medicine  for  European  Specialists).

O doutor Tubío presentouse ás devanditas probas e superounas con éxito. Isto supón que o servizo de Pneumoloxía do CHUVI dispón xa de seis facultativos coa mencionada acreditación europea.

También te puede interesar