Galicia

@Xunta abre o prazo para acreditar a competencia profesional a través da experiencia laboral

A Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través da Dirección Xeral de Orientación e Promoción Profesional, vén de publicar no Diario Oficial de Galicia (DOG) a nova convocatoria para o ano 2020 do procedemento de  recoñecemento das competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, cuxo prazo de inscrición estará aberto ata o 27 de decembro.

Convocaranse 1.800 prazas repartidas entre 11 cualificacións profesionais. Por primeira vez ofreceranse as de Instrución en ioga e Vixilancia e seguridade privada:
– Atención sociosanitaria a persoas no domicilio: 300 prazas.
– Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais: 250 prazas.
– Socorrismo en espazos acuáticos naturais: 200 prazas.
– Socorrismo en instalacións acuáticas: 200 prazas.
– Docencia da formación para o emprego: 100 prazas.
– Extinción de incendios e salvamento: 150 prazas.
– Operacións de vixilancia e extinción incendios forestais e apoio a continxencias no
medio natural e rural: 150 prazas.
– Confección e mantemento de artes e aparellos: 75 prazas.
– Servizos para o control de pragas: 75 prazas.
– Vixilancia e seguridade privada: 150 prazas.
– Instrución en Ioga: 150 prazas.

As cualificacións convocadas responden a necesidades ou demandas de acreditación, en moitos casos por tratarse de actividades ou profesións reguladas por normativa europea, estatal ou autonómica, que establece que por razón de saúde e seguridade, para garantir un bo servizo aos usuarios ou clientes, será requisito imprescindible para desempeñar a ocupación ou profesión posuír un título ou certificado de profesionalidade que acredite a súa cualificación profesional. Unha cualificación que en moitos casos os traballadores veñen desempeñando durante anos e que corren o risco de perder se non logran esa acreditación oficial. É o caso dos profesionais de atención sociosanitaria, do socorrismo acuático, do control de pragas e de confección e mantemento de artes e aparellos.

Estas acreditacións teñen carácter oficial e validez en toda España polo que poderán facerse valer ante os sistemas de educación e formación profesional -para establecer exencións ou validacións cos módulos formativos da FP inicial ou da FP para o emprego-, pero sobre todo as persoas poderán utilizalas no mercado laboral como acreditación oficial dos coñecementos e capacidades e do bo facer profesional adquirido a través de anos experiencia. Isto facilitaralles avanzar e progresar na súa carreira profesional, mentres que ás empresas permitiralles optimizar o aproveitamento dos seus recursos humanos.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.