Comarcas

@AsNevesConcello acende o alumeado de Nadal máis extenso da súa historia

As Neves conta este ano co alumeado de Nadal máis extenso da súa historia. O alcalde, Xosé Manuel Rodríguez Méndez, acendeu as luces este sábado, na Praza do Concello, dando comezo deste xeito aos días de lecer que contarán cunha programación  que chegará ato o vindeiro 5 de xaneiro de 2020.

O concello conta con 5 árbores de Nadal que están nas rotondas do Conde, do IES Pazo da Mercé, do CEIP Marquesa do Pazo da Mercé, na Praza Maior e no aprcadoiro da rúa Esperanza. Ademáis, o alumeado ten estrelas de cor branca, decoración nas árbores e edificios públicos e  luces en todas as rúas do centro da vila, dende a rúa Cruceiro, pasando por Entrecines, rúa da Feira, Praza do Cruceiro, rúa Marquesa do Pazo, Praza de San Ignacio, Praza Maior, Praza do Concello, rúa José Gil, rúa Doutor Martínez Rodríguez, e rúa Esperanza, incorpórandose este ano a cor lila na contorna do Concello, “amosando unha clara e firme postura en favor da igualdade”.

Ao igual que se vén facendo dende 2015, tamén se colocaron decoracións luminosas por todas as parroquias, estendendo o alumeado a todo o territorio, aínda que cunha  novidade: o motivo escollido para esta decoración son estrelas brancas, igual que no centro urbano.

Acendido

O acto formará parte, dacordo coa Asociación de Comerciantes e Empresarios das Neves (ACEAN), organizadora deste evento, dunha tarde de lecer con actividades para as nenas e nenos: música, a visita de Papá Noel con caramelos e agasallos, pintacaras e canóns de neve.

O momento ‘clave’ chegou co acendido das luces por parte do alcalde que transmitiu os seus bos desexos para este Nadal e para o vindeiro ano 2020, marcando o inicio das festas nas que, “por medio da colaboración entre o Concello e a Asociación de Comerciantes faise unha aposta decidida pola mellora e dinamización do comercio de As Neves”.

Autobuses a todas as parroquias para facilitar a asistencia

Coa finalidade de que todas aquelas veciñas e veciños de As Neves que poidesen gozar do acendido das luces, houbo dous autobuses que percorreron todas as parroquias a partir das 16:00 h. e que fixeron o percorrido de volta ás 21:00h.

También te puede interesar