Galicia Vigo al minuto

372 persoas con discapacide intelectual participal este domingo nas oposicións da @Xunta

372 persoas participaron este domingo nos segundos procesos selectivos realizados pola Xunta reservados especificamente para a discapacidade intelectual, cunha participación do 73%. Todas as persoas que se examinaron aspiran a unha praza de persoal subalterno na Administración galega.

Os participantes neste proceso terán máis posibilidades de acceder a unha praza de emprego público, xa que o número de prazas convocadas multiplica por catro o anterior e pasa de 6 a 24 prazas.

Esta será a segunda promoción de empregados públicos da Administración autonómica con discapacidade intelectual, toda vez que a primeira xa está a traballar desde hai máis dun ano en distintas consellerías. Tamén dende o ano pasado está en marcha unha bolsa de emprego temporal reservada para persoas con discapacidade intelectual. As persoas apuntadas nesta lista poderán traballar nas consellerías con contratos temporais, en postos de traballo  especificamente adaptados a persoas con discapacidade intelectual.

Dous exercicios
O proceso selectivo consta de dous exercicios. O primeiro (obrigatorio e eliminatorio) consistiu na contestación por escrito dun cuestionario tipo test de 45 preguntas: 20 preguntas da parte xeral do programa e 25 preguntas sobre contidos prácticos do traballo a realizar incluídos na parte específica do programa.

O segundo exercicio (obrigatorio e non eliminatorio) centrarase na contestación por escrito dun cuestionario de 10 preguntas tipo test, mediante o cal se evidencie o coñecemento por parte das persoas aspirantes da lingua galega.

También te puede interesar