Galicia Vigo al minuto

@obloque presenta enmendas aos orzamentos da @Xunta que propoñen 56 millóns de inversións para Vigo

Xabier P. Igrexas, concelleiro do BNG, presentou este xoves, xunto ao deputado Luis Bará, as propostas recollidas nas 29 emendas do Bloque aos orzamentos da Xunta, en relación coas invesrsións en Vigo.

Actuación fronte ´á ’emerxencia laboral’

Igrexas salientou que estas enmendas, e as propostas que fai o BNG, demandan un maior apoio, fronte a situación de emerxencia laboral e produtiva e para combater a crise industrial da cidade, como a posta en marcha do centro de reparacións navais ou un Plan comarcal de reindustrialización dotado con 3 millóns de euros.

Accións no eido social e sanitario

O concelleiro, pediu “reverter a política de recortes aplicados pola Xunta de Feijóo” coa demanda da creación dunha bolsa de vivendas para situacións de emerxencia habitacional; a construción de 3 novas escolas infantís, unha residencia de maiores na cidade, así como a dun instituto en Navia. No ámbito sanitario, as nacionalistas volven demandar o aumento da partida orzamentaria para o novo centro de saúde de Bouzas, a posta en marcha de dous novos puntos de atención continuada en Navia-Coia e Teis ou a “absorción de Povisa na rede sanitaria pública”. 

Infraestruturas

O voceiro do BNG de Vigo tamén subliñou que as enmendas propoñen resposatas a necesidades infraestruturais como son o túnel de Xulián Estevez, a ampliación do túnel de Beiramar, a implantanción do tren de cercanías e o reforzo do transporte marítimo de ría, autobús express a Peinador; aumentar en 2 millóns o investimento nos cascos históricos da cidade ou acondicionar o paseo marítimo da ETEA.

Medio Ambiente

En relación á cuestión ambiental desde o Bloque propoñen un Plan integral comarcal de recuperación das zonas afectadas polos lumes, dotado con case 4 millóns de euros, o desenvolvemento do Campus do Mar ou a rexeneración integral da Ría de Vigo.

También te puede interesar