Galicia

Feijóo anuncia a convocatoria de oposicións para 3.654 prazas en Educación

O presidente do Goberno de Galicia anunciou este xoves, en rolda de prensa logo do Consello de hoxe que a Xunta convocará oposicións para cubrir 3.654 prazas en Educación, das cales 2.036 serán de novo acceso e o resto de promoción interna.

Feijóo subliñou que é a maior convocatoria “da historia” da Xunta e adiantou que tentará que a convoatoria estea aprobada antes de rematar este ano e non a principios do que ven porque “non sabemos que ocorrerá en 2020 e cal vai ser a posibilidade das administracións públicas”, en referencia á dificultade para formar un Goberno no Estado.

 

También te puede interesar