Galicia Vigo al minuto

Adxudicada a mellora da seguridade viaria na estrada PO-325 en Vigo e Nigrán

Corte de tráfico esta madrugada entre os quilómetros 29+100 e 30+600 da A-55

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través da Axencia Galega de Infraestruturas, vén de adxudicar as obras de mellora de seguridade viaria en 11 pasos de peóns da estrada PO-325, nos Concellos de Vigo e Nigrán. Os traballos contan cun investimento de máis de 47.000€ e a previsión é que empecen a finais deste ano ou comezos de 2020.

As actuacións consistirán na substitución da sinalización vertical actual por unha sinalización luminosa led fotovoltaica accionada con interruptor, en ambos os dous sentidos. Tamén se levará a cabo a disposición de iluminación adicional sobre a sinalización vertical nova. Esta iluminación consistirá nun proxector en cada sinal, que se poñerá en funcionamento unha vez se accione o interruptor. Esta intervención tamén incluirá a instalación de balizas de asfalto led, vinculadas tamén á presenza de peóns.

También te puede interesar