Galicia

A pensión media de xubilación en Galicia é de 960€ e a de viuvez de 603€, moi lonxe da media española

A pensión media de xubilación era en Galicia, a principios deste mes, de 960,08€-o que supón 182,59€ menos que no conxunto do Estado, onde é de 1.142,67€ mensuais- e a de viuvez chegou aos 603€– sendo 111,53€ máis baixa que a media española, que era de 714,53€-.

Dacordo cos datos difundidos este martes polo Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social, en Galicia hai 
767.022, pensionistas, dos que 480.054 son xubilados, 186.872 viuvos e viuvas, 69.935 por incapacidade permanente -que cobras, de media, 883,72€ ao mes-, 23.537 pensións de orfandade -cunha ‘nómina de 400,33€- e 6.624 a favor de familiares – cunha retrbución der 517,56€-.

También te puede interesar