Deportes

@ArboConcello ‘estrea’ a reforma do Pavillón Municipal de Deportes

O Secretario Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, Jose Ramón Lete Lasa, e o alcalde de Arbo Horacio Gil, visitaron este xoves o Pavillón Municipal de Deportes, para supervisar o remate das obras realizadas nesta instalación.

En maio pasado, o Secretario Xeral e o alcalde asinaron un convenio  para a realización de obras de mantemento no polideportivo municipal con un orzamento de 14.978,00 € que estaban destinadas á substitución de ‘panel sándwich’ da cuberta sobre os vestiarios, reparación de canaletas, pintado de vestiarios e a substitución de porterías de fútbol

Para o alcalde o obxectivo é o de obter un óptimo nivel de funcionamento das infraestruturas municipais, neste caso deportivas, de forma que o Concello poida prestar servizos de calidade á veciñanza con independencia da súa idade, sexo.., apoiando aquelas actuacións cuxa finalidade é o deporte”.  

También te puede interesar