Comarcas

10.000 árbores plantadas xa en @AsNevesConcello para recuperar parte dos danos causados polo lume en 2017

Ducias de persoas acudiron este domingo pasado ao concello de As Neves para colaborar na plantación de 1.500 árbores máis, impulsada pola empresa ONE OAK,as Comunidades de Montes e ‘Voluntariado das Neves’. A actividade levouse a cabo na contorna do Camiño dos Pescadores-a zona pola que ‘entraran’ as lapas durante os incendios de outubro de 2017.

Cos novos freixos e vidueiros, xunto cos castiñeiros, achegados por ONE OAK a través do seu proxecto ‘RENACER’, suman  xa 10.000 árbores, todas elas autóctonas, as que foron prantados ata hoxe en As Neves coa finalidade de crear un “cortalunes verde” na ribeira do Miño, a zona pola que entraron as lapas que queimaron o 90% da superficie de As Neves hai dous anos.

Xose Manuel Rodríguez, alcalde de As Neves, agradedeu, de novo, a implicación de ONE OAK e subliñou a importancia que ten para as veciñas e veciños impulsar este “proceso de rexeneración que é esencial para recuperar o noso patrimonio natural”.

También te puede interesar