Deportes

José Manuel Gil e Belén Rodríguez gañadores do Trail Orixes 2019 na distancia de Maraton

Este domingo pasado celebrouse o III Trail Orixes en Mondariz e os gañadores por distancias foron, en 46 quilómetros, Maratón, José Manuel Gil Bernardez e Belén Rodríguez Vidal; 26 quilómetros Trail: Alex SanMartín González e Aroa Sio Seijo e 14 quilómetros Mini Trail: Antonio Groba Pérez e Vanesa Villar Diéguez.

José Manuel Gil revalida o seu título, logo de gañar o ano pasado na mesma distancia, Aroa Sio gañadora en 2018 na distancia maratón este ano pasouse a distancia Trail facéndose coa victoria na mesma.

O total de participantes foi de 415 entre as tres distancias, esto fai que ano a ano medre o número de corredores que se achegan a Mondariz para disfrutar destas probas, algo que dende a organización “queremos destacar a ampla participación, incluso tivemos que aumentar algunhas prazas na distancia de mini trail xa que moitos corredores quedaban sin a praza “.

Despois de moitos meses de traballo e organización das probas queremos agradecer os participantes que se achegaron a Mondariz para participar nas diferentes distancias, a pesares das condicións meteorolóxicas. A maioría dos participantes destacaron a singularidade dos percorridos onde había treitos moi técnicos e outros máis acaidos, facendo que sexan unhas probas únicas e que sen dubida para o ano repiten, facendo que esta proba se consolide no calendario de trail de Galicia.

Dende a organización destacamos “que sen os corredores non sería posible estas probas, pero tamén sen os voluntarios que estiveron todo o día dando apoio os corredores dende os diferentes avituallamentos así como en diversas partes do recorrido e na meta e saída. Un gran equipo humano que fixo posible que non se producisen incidencias no III Trail Orixes”

También te puede interesar