RGPD - Cookies
Galicia Sucesos

Cinco mortos e 131 feridos nas estradas de Galicia na peor fin de semana do ano

O persoal do 061 asistiu durante a fin de semana 136 persoas debido a 96 accidentes de tráfico ocorridos nas
estradas galegas entre as 3 da tarde do venres, día 31 de outubro e as 12 menos un minuto da noite deste domingo, 3 de novembro.


A Central de Coordinación do 061 recibiu nestes días 126 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas foron 121. Así, as ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado atenderon en 13 accidentes, o helicóptero medicalizado asistiu en dúas ocasións, as ambulancias asistenciais de soporte vital básico mobilizáronse en 95 sinistros e os equipos sanitarios de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais de soporte vital básico do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en sete accidentes. As ambulancias convencionais asistiron en catro sinistros de circulación.

En 112 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes, en 19 ocasións atendeuse no propio lugar do incidente e cinco persoas faleceron no punto

También te puede interesar