Comarcas

@AsNevesConcello dispón dun novo furgón para o servizo de medio ambiente

O Concello de As Neves ven de adquirir un novo furgón e remolque para completar a renovación da flota municipal de vehículos.

O mesmo, unha furgoneta destinada ao transporte das brigadas que traballan na xestión de medio ambiente, foi comprada grazas a unha subvención de compensación ambiental que cubriu o cen por cen do seu custo.

Este vehículo ven para substituír outro de arredor de 20 anos e que estaba supoñendo unha carga debido aos gastos que xera debidos a mantementos e reparacións.

Trátase dun furgón branco de ata 9 prazas,con gancho para remolque, baca e sistema de mans libres; cunha potencia de 120 c.v. O remolque consta de caixa de 2.600 x 1.800 mm con 2 eixes, con freo de inercia, rodas debaixo da caixa, 3 valdeiras abatibles, mallal dianteiro, arquillos e lona e tamén con dobre chasis e basculante hidráulico eléctrico.

También te puede interesar