Destacados Vigo al minuto

Manifestación este mércores en Vigo en defensa da industria da comarca

A CIG convoca para este mércores, 30 de outubro, unha manifestación en Vigo- Vía Norte 20:00 h.- que quere servir para enviar unha chamada de auxilio ante a situación de risco na que se atopa actividade industrial da comarca de Vigo.

A manifestación, que podería ser o adianto dunha folga xeral, sairá á rúa baixo o lema ‘S.O.S VIGO: polo futuro industrial da comarca, emprego digno e servizos públicos’ e esixirá á Xunta e ao Goberno do Estado que tomen a iniciativa e non se desentendan desta situación.

A CIG, que non acadou o apoio de CCOO e UXT para facer unha convocatoria unitaria, alerta da evidente perda do peso da comarca de Vigo no Produto Interior Bruto (PIB) de Galicia, da perda de emprego industrial e da precarización laboral en todos os sectores.

También te puede interesar