Galicia Vigo al minuto

13 novos médicos de Atención Primaria para a Área Sanitaria de Vigo

Trala elección de destinos do pasado sábado 26 de outubro, os 31 médicos de atención primaria que tiñan aprobada a OPE ( Oferta pública de Emprego ) e traballan na actualidade na área de Vigo, optaron todos eles, por quedarse na área viguesa.

A eles súmanse 10 médicos máis, 9 da OPE e 1 do Concurso de Traslados, o que, segundo subliña o Servizo Galego de Saúde (SERGAS) “é un importante incremento de persoal estable, pasando dunha porcentaxe de 73,20%  a 82,36%  de persoal fixo na categoría de médico de familia”.

Os postos elixidos foron en Puntos de Atención Continuada de Val Miñor, Redondela, Cangas-Moaña, Cañiza, A Garda, Porriño e Tui. En centros de saúde, o de Pintor Colmeiro, Doblada, A Garda, Cangas, Coia, Salvaterra de Miño, O Rosal, Casco Vello, Moaña, Gondomar, Ponteareas, Teis, Tui, O Porriño e A Garda.

Máis prazas e novos médicos 

A estas novas incorporacións hai que engadir as 3 novas prazas creadas de médico de familia en Coia, Lavadores e Ponteareas do Plan Galego de Atención Primaria que se incorporan o vindeiro luns dia 4 de novembro.

También te puede interesar