Comarcas

@AsNevesConcello acomete a mellora de Rosalía de Castro e da súa contorna cun orzamento de 254.000€ con cargo ao Plan DepoRemse

O Concello de As Neves está a executar, dende hai varios días, o proxecto de mellora da mobilidade e seguranza viaria na rúa Rosalía de Castro e a súa contorna. As obras abranguen o ámbito da igrexa, a Praza de San Agustín e o aparcadoiro do Colexio.

Os traballos realízanse con cargo ao plan DepoRemse da Deputación de Pontevedra, contan cun orzamento de 254.868.02€ e estarán rematados en poucas semanas.

Retirada da ‘torre’ de Fenosa e prioridade para os peóns

Coa obra perséguese recuperar a conexión entre o centro urbano e a zona escolar, mellorar a mobilidade e seguridade e tamén acrecentar a calidade ambiental en todo o ámbito.

Os traballos no aparcadoiro inclúen a retirada da torre de Fenosa, unha antiga demanda da comunidade escolar, e definirán os espazos de aparcamento e de tránsito peonil. Na rúa Rosalía de Castro amplíase unha das beirarrúas, quedando aparcamentos en liña, e crearanse espazos da calidade ambiental usando o formigón impreso como elemento construtivo.

Na Praza de San Agustín increméntase o espazo, pasando a ser de plataforma única onde predominará o empedrado, que lle confire prioridade aos peóns.

Cambios no tráfico

Durante a obra está a haber cambios puntais no tráfico como o acceso aos aparcadoiros do cemiterio e a rúa Rosalía de Castro é temporalmente de entrada e saída.

Nos vindeiros días, co avance das obras, a rúa Doutor Martínez será de dobre sentido dende a Circunvalación só para residentes ao estar interrompido o acceso á Praza de San Agustín.

O tráfico, unha vez rematadas as obras será diferente ao actual, acollendo algunhas das demandas veciñais e as propostas de estudo de mobilidade urbana. A rúa doutor Martínez Rodríguez será de acceso a centro urbano e a rúa Rosalía de Castro permitirá  a circulación en dirección ao Colexio, as dúas de sentido único de circulación.

Doutra banda, a rúa Esperanza cambiará o sentido do tráfico pasando a ser descendente e a parada de taxis situarase no espazo de aparcamento entre a Igrexa e a Praza Maior.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.