Galicia Sucesos

68 persoas feridas en accidentes de tráfico nunha fin de semana sen mortos nas estradas de Galicia

O persoal do 061 asistiu durante a fin de semana 68 persoas debido a 51 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas entre as 3 da tarde do pasado venres, día 25 e as 12 menos un minuto da noite do domingo, 27 de outubro.

A Central de Coordinación do 061 recibiu nestes días 63 chamadas en relación cos accidentes de tráfico.

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 71. Así, as ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado atenderon en cinco accidentes, o helicóptero medicalizado asistiu nunha ocasión, as ambulancias asistenciais de soporte vital básico mobilizáronse en 59 sinistros e os equipos sanitarios de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais de soporte vital básico do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en seis accidentes.

En 63 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes e en cinco ocasións atendeuse no propio lugar do incidente.

También te puede interesar