Galicia

@EnComun_Gal demanda que se cumpra coa Memoria “devolvendo o patrimonio roubado polo ditador”

Deputadas e deputados de Galicia en Común celebraron este “día democrático no que por fin o ditador sae do seu mausoleo”. Os representantes demandaron, na entrada do Pazo de Meirás, que se devolva todo o patrimonio roubado ao pobo, coma o propio Pazo ou a Casa Cornide.

Para Yolanda Díaz esta exhumación chega “máis de 40 anos tarde”,lembrou a presos políticos da dictadura, como como Fernando Miramontes, “entre outras moitas mulleres e homes que coñeceron as cárceres e as condenas franquistas” e agradeceron o traballo das asociacións pola memoria, que están facendo unha loita activa, “ás veces con silencio por parte das adminsitracións”.

Díaz lembrou a “centenares de demócratas republicanos”, asasinados, tirados e soterrados en cunetas e pediron, de novo, a modificación da Lei de Amnistía para que poidan investigarse o milleiros de crimes do franquismo.

También te puede interesar