Ciencia y Tecnología Destacados

Membros do Comité de Povisa péchanse na Consellería de Sanidade, en Santiago

Membros do comité de Povisa e da CIG-Saúde permanecen pechados na Consellaría de Sanidade, en San Lázaro, en Compostela, para manifestar o seu rexeitamento á compra, por unha contía mínima, do centro hospitalario por parte da aseguradora estadounidense Centene e «denunciar a perda de oportunidade da Xunta de adquirir Povisa por 24 millóns de euros, garantindo a xestión pública dun recurso asistencial vital para a área sanitaria de Vigo».

Exixen ante isto ser recibidos polo conselleiro, á quen a CIG xa lle solicitou unha reunión o pasado 8 de outubro que segue sen ter resposta, porque a compra de Povisa por parte de Sanidade permitiría garantir unha prestación a toda a poboación da área sanitaria de Vigo desde o sistema público e facilitaría o seu desenvolvemento sen estar ao servizo dos intereses privados.

De xeito paralelo ao encerro, un grupo de delegados e delegadas da CIG-Saúde permanece concentrado diante do edificio da Consellería de Sanidade en San Lázaro.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.