Vigo al minuto

#GaliciaEnComún alerta sobre o novo recheo de Bouzas e anuncia que levará o mesmo a Estrasburgo

Os deputados de Galicia en Común, Yolanda Díaz e Antón Gómez-Reino, estiveron este xoves en Bouzas acompañado do tamén deputado ecoloxista Juantxo López de Uralde, para denunciar que os recheos nas nosas rías «son un paso máis para o seu deterioro».

«Os recheos nas nosas rías, como o caso de Bouzas, son un escándalo e unha dilapidación dos nosos recursos e dereitos ambientais», denunciou a deputada Yolanda Díaz.

A voceira no Congreso incidiu en que «non se pode falar de transición enerxéitca cando están acabando cos nosos espazos públicos e coas nosas rías» por iso condenou estes recheos que «destrozan o maior recurso natural de Galicia».

https://twitter.com/EnComun_Gal/status/1184847858903724032

O tamén deputado Antón Gómez-Reino lembrou que a acción política de Galicia en Común ten como un eixo clave a cuestión ambiental. «Durante estes anos levamos ao Congreso numerosas iniciativas e mocións para defender as rías galegas, e neste campo, Vigo é un exemplo de mobilización cidadá fronte as agresións medio ambientais».

Ante isto, Gómez-Reino denunciou a «irregularidade do mecaismos do recheo en Bouzas» e sinalou que desde o noso espazo «faremos o necesario para protexer os nosos recursos naturais». Ademais, lembrou que como representante no Consello de Europa «levará a Estrasburgo a denuncia do estado das rías galegas».

Pola seu lado, Juantxo López de Uralde, que quixo coñecer de cerca o caso de Bouzas, resaltou que «nos últimos anos, tanto Galicia en Común como o Grupo Confederal no seu conxunto, lideraron a batalla ecoloxista», como  se demostrou «coa presentación da declaración de emerxencia climática».

Ante o caso de Bouzas, denunciou a situación e pediu «solucións» para non perder máis recursos naturais nunha zona «tan prezada como Galicia».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.