RGPD - Cookies
'Qué te cuentas?' Destacados

Profesionais de Medicina Intensiva do Cunqueiro ensinan a 700 estudantes técnicas de Reanimación Cardiopulmonar

Con motivo da celebración do Día Mundial da Parada Cardiaca, que se desenvolve baixo o o lema “Todos los ciudadanos del mundo pueden salvar una vida”, o servizo de Medicina Intensiva do Hospital Álvaro Cunqueiro levou a cabo unha actividade informativa e formativa dirixida aos estudantes co obxecto de sensibilizarlles da relevancia e repercusións da morte súbita cardíaca e estimular a educación sanitaria nas técnicas de Resucitación Cardiopulmonar (RCP).

Un equipo de 22 profesionais sanitarios -médicos e enfermeiras de Medicina Intensiva– desprazouse este mércores a cinco centros educativos a da área sanitaria así como á Escola de Enxeñaría Industrial do Campus da Universidade de Vigo, nos que desenvolveron sesións teóricas e prácticas para dar a coñecer a máis de 720 estudantes as nocións básicas da reanimación cardiopulmonar.

Comproba, chama e comprime

O principal obxectivo destes obradoiros é dar a coñecer a cadea de supervivencia incidindo  nos tres primeiros eslabóns. A mensaxe é sinxela: cómo reiniciar un corazón en tres  pasos: comproba – que o paciente non responde e non respira; chama- pide axuda correctamente (112 ou 061); e comprime, inicia a masaxe cardíaca de xeito continuado e coa técnica correcta.

A  principal causa de paro cardíaco, xeralmente de aparición repentina e inesperada nunha persoa que aparentemente atópase sa e en bo estado de saúde, é o infarto agudo de miocardio, que provoca una fibrilación ventricular (arritmia que ocasiona que o corazón perda a súa capacidade de contraerse de forma organizada, polo que deixa de latexar e de bombear sangue cara todo o organismo). A persoa que sufre un paro cardíaco e non é atendida rapidamente pode morrer ao cabo duns minutos.

Segundo organismos internacionais, para que a supervivencia por paro cardíaco aumente, ao redor do 20% da poboación debería estar formada en técnicas de Resucitación Cardiopulmonar, o que no noso país equivale a formar a nove millóns de persoas.

Posible salvar 100.000 vidas ao ano

Considerando que a supervivencia de moitas vítimas depende da Reanimación Cardiopulmonar e da desfibrilación precoz, e tendo en conta que a intervención dentro dos 3-4 primeiros minutos pode aumentar as posibilidades de supervivencia a máis do 40%; de  aumentar a porcentaxe de persoas que aprenden e inician as medidas de RCP poderíanse salvar 100.000 vidas en Europa cada ano. Ademais, os primeiros minutos son fundamentais non só para a supervivencia senón para reducir as secuelas.

También te puede interesar