Deportes

@AsNevesConcello cambia o céspede do Campo Municipal de Fútbol, danado polos incendios de 2017

O Goberno local de As Neves vén de iniciar o proceso de cambio do céspede do Campo Municipal de Fútbol ‘Pepe Capón’ que, logo do uso continuado durante 12 anos e os danos causados polo brutal incendio, presenta importantes deficiencias.

A declaración de Zona catastrófica por parte do Goberno Central, logo dos lumes de 2017 abriu a posibilidade de financiamento para esta obra de reposición e o Concello de As Neves acudiu á convocatoria de subvencións, conseguindo do Estado preto de 85.000€ de investimento para repoñer o céspede artificial.

Ao tempo, o Goberno Municipal contactou coa Federación Galega de Fútbol que se ocupou de elaborar o proxecto definitivo que ten un custo de case 170.000€, do que o Concello aportará o resto do orzamento-outros 85.000€– para realizar este traballo que se agarda que sexa unha realidade a finais deste ano ou a comezos de 2020.

También te puede interesar